20 aniversario das Festas do Barrio de San Pedro

Imatge de capçalera
Veure vídeo
  • Ubicació Santiago de Compostela, Galicia, España
Finançat el 07 / 07 / 2023
Cofinançat!
Obtingut
€ 6.275
Mínim
€ 4.500
Òptim
€ 8.600
209 Cofinançadors
Canal
  • Aportant € 5

    Imos facer a festa que mereces!!! 💜

    Con estes euros xa temos para facer peto. Cada axuda, por pequena que sexa, é moi importante para nós. Millóns de grazas 💜🔑

    Por cada 5€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 4€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 12 Cofinançadors
  • Aportant € 10

    Imos facer a festa que mereces, ti e as túas amiguis!!! 💜

    Xenial! Con estes euros xa podemos encargar as camisolas destas festas. Grazas a moreas 💜🔑

    Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 8€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 51 Cofinançadors
  • Aportant € 25

    Imos facer a festa que merecemos!!!! 💖

    Marabilla! Grazas á vosa axuda estaremos moito máis preto de facer as festas que merecemos 💜🔑 💖

    Por cada 25€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 20€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 74 Cofinançadors
  • Aportant € 50

    Imos facer a festa que mostre o noso amor polo barrio 💖🍀🗝️💜

    Fantástico! Grazas aos teus cartiños imos facer a mellor festa para ti e para todas aquelas persoas que amamos o barrio 💜🔑 💜 💖

    Por cada 50€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 40€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 37 Cofinançadors
  • Aportant € 100

    Estamos que o petamos! 💖🍀💖🍀💜🗝️🥰

    Incrible! Grazas á vosa achega poderemos argallar algunha sorpresiña de celebración 💜🔑 💜 💖

    Por cada 100€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 80€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Cofinançadors
  • Aportant € 200

    Miña naiciña querida, non chegan os 💖💖💖💖💖💖 para agradecervos isto 💜🗝️🍀

    Mil grazas! Con estes euros pasamos o nivel de organizadoras de festexos! 💜💖💜💖🍀🗝️

    Por cada 200€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 137.5€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinançadors
  • Aportant € 300

    Chispúm! Tedes a 🗝️ dos nosos 💖💖💖💖! Moita 🍀🍀🍀🍀 para vós

    Quedamos sen palabras!

    Por cada 300€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 172.5€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinançadors
  • Aportant € 500

    Tomaaaaa! Pois daquela a 🗝️ do barrio para ti e para as túas amiguis 💖💜🍀💖💜🍀

    Ademais de que tes pase VIP nos nosos corazóns, con estes cartos pagaremos os cachés que merecen as nosas festiñas.

    Por cada 500€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 242.5 € ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinançadors
  • Aportant

    > 00 Cofinançadors

Sobre aquest projecte

As FBSP son unha iniciativa para facer do noso barrio un lugar máis habitable e reivindicar bailando a importancia da vida comunitaria.

Necessitats Tasca Mínim Òptim
Mecenado
Fundación Goteo "(5%)" e comisións bancarias (0,8% por cada achega).!!
€ 500
Programación
Serán 5 días de programación con actuacións musicais, artes escénicas, obradoiros, narración oral e poesía. Orzamento para cubrir os cachés das artistas e gastos de produción.
€ 4.000
Necessitats Material Mínim Òptim
Material impreso para difusión e comunicación social
Carteis coas actividades, lonas, luces, estrados e calquera outro elemento que nos axude a difundir e celebrar as Festas.
€ 2.000
Necessitats Infraestructura Mínim Òptim
Cantina
Nesta partida incluímos os gastos da loxística de montaxe e os custos de aluguer dunha furgoneta para montar e desmontar a cantina da Asociación, parte fundamental para que poidamos organizar unhas Festas autoxestionadas.
€ 1.500
Sanitarios portátiles
Servizo de aluguer, instalación e mantemento.
€ 500
Valados portátiles
Aluguer.
€ 100
Total € 4.500 € 8.600
Imprescindible
Addicional

Informació general

Dende a Asociación Cultural do Barrio de San Pedro levamos meses traballando na organización das Festas do 2023. A edición deste ano será moi especial, imos celebrar o 20 aniversario: 20 anos de moito (poli)amor de barrio, moita troula e moito activismo en favor do lugar que habitamos.

Anotade nas axendas do 28 de xuño ao 2 de xullo: cinco días de circo, teatro, cabezudas, obradoiros, alboradas, música e moito máis.

Seguimos apostando por actividades que cheguen ao maior número de veciñas, de acceso libre e para todos os gustos. Por iso, un ano máis, necesitamos da vosa colaboración para continuar celebrando as Festas que merecemos. Xornadas de reivindicar bailando a importancia de transformar o espazo para priorizar a vida comunitaria.

Característiques bàsiques i objectius

Características:

Facemos as Festas para celebrar que vivimos nun barrio vivo e diverso, cunha programación pensada por e para a veciñanza. Todas as nosas actividades teñen lugar nas rúas, prazas e parques do Barrio de San Pedro; buscando propostas para todos os públicos e gustos. Un dos piares principais que nos une é a crenza no traballo comunitario, onde a veciñanza non sexa unicamente destinataria de proxectos e actividades, senón que dende o punto de partida (dende a análise da situación e necesidades de todo tipo) sexamos protagonistas, cunha voz resultante da suma colectiva.

Obxectivos:

– Desenvolver unha programación comprometida e diversa que implique a un maior e variado número de xente do barrio, de todas as idades, procedencias xeográficas, culturais, etc.
– Realizar actividades que tendan a valorar cuestións propias do barrio e das súas xentes.
– Organizar actos culturais, lúdicos e educativos no contexto das datas escollidas para as festas.
– Favorecer o intercambio de experiencias e información entre o tecido asociativo do barrio.
– Establecer colaboracións co máximo número de entidades e colectivos sociais do barrio.
– Vivir cinco días nos que poidamos compartir, celebrar e bailar.
– Promover tempos e espazos para o encontro, sen masificacións e vivindo en comunidade.

signos.jpg 4337359d-8f65-4d0e-917c-cc259a483819.jpg marzo-2.jpg

Motivació i a qui va dirigit el projecte

As Festas do Barrio de San Pedro nacen para propiciar máis espazos de encontro e celebración entre a veciñanza. Para facer do noso barrio un lugar máis habitable e de coidados. Pensado para todas as persoas que habitan e comparten o amor polo noso barrio.

p1300615-1-.jpeg rua.jpg ecovasos.jpg

Experiència prèvia i equip

A Asociación Cultural Barrio de San Pedro leva vinte anos organizando as Festas e outras moitas actividades culturais. Formada por un equipo de aproximadamente 15 persoas, contamos con máis de 100 voluntarias que colaboran todos os anos na organización das festas e demais propostas enmarcadas no barrio.

Ademais de organizar as festas, realizamos actividades de dinamización cultural, reivindicativas e de lecer. Ao longo destes anos podemos destacar as Feiras da Primavera, a celebración dos Maios, o Festival San Pedro sen Paredes ou os Barrios con Luz Propia. Tamén cooperamos e dinamizamos xunto con outros colectivos e realizamos diversas actividades en colaboración coa Asociación Veciñal A Xuntanza, coma o Día do Barrio, as Cacharelas de San Xoán, o Mercado do Caracol e a elaboración e difusión do Decalógo de boas prácticas para o tramo final do Camiño. Apoiamos a iniciativa San Pedro Emocional, colaboramos coa Casa do Matadoiro e formamos parte do proxecto "Utópicas, arte e territorio", entre outras iniciativas.

3ea55879-9308-4c1f-855c-f62513ce-56.jpg

Compromís social

Objectius de Desenvolupament Sostenible

  • Igualtat de gènere

    Aconseguir la igualtat entre els gèneres i donar poder a totes les dones i nenes

  • Ciutats i comunitats sostenibles

    Aconseguir que les ciutats i els assentaments humans siguin inclusius, segurs, resilients i sostenibles

  • Producció i consum responsables

    Garantir modalitats de consum i producció sostenibles