Cultivando novas realidades dende a Maceta

Imatge de capçalera
Veure vídeo
Finançat el 11 / 04 / 2023
Cofinançat!
Obtingut
£ 3,587
Mínim
£ 3,499
Òptim
£ 3,928
82 Cofinançadors
Canal
  • Aportant £ 10

    Postal agradecemento ( envío incluido)


    Recibirás unha postal de agradecemento con unha das impresións feitas por nós.

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 12 € o teu gasto real chega a ser só 2,40 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 12 Cofinançadors
  • Aportant £ 17

    Bolsa A Maceta + Semillas


    Unha bolsa co logo da Maceta para levar as verduras de Horta Felipa ou as ferramentas ao Taller Artísitco Ita. Inclue un saquiño cas nosas sementes favoritas.
    A recoller no espazo A Maceta

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 20 € o teu gasto real chega a ser só 4 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 15 Cofinançadors
  • Aportant £ 17

    Bono de 2 días ao coworking


    Bono que da acceso a dúas xornadas de traballo compartido no espazo A Maceta, onde ademáis de traballar, desfrutaremos da conversa e argallaremos futuros proxectos xuntas.

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 20 € o teu gasto real chega a ser só 4 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 10 Cofinançadors
  • Aportant £ 26

    A muller en Amarelo

    Unha reproducción da Obra A Muller en Amarelo. Muller, Arte e Cambio Climático. Tamaño: 50 x 50 cm
    https://www.instagram.com/p/CgbqCuAjCZw/
    A recoller no espazo A Maceta

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 30 € o teu gasto real chega a ser só 6 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 14 Cofinançadors
  • Aportant £ 34

    Bono de 2 horas de espazo


    Bono que da acceso a dúas horas de uso do espazo para levar a cabo activiades culturais.

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 30 € o teu gasto real chega a ser só 8 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 12 Cofinançadors
  • Aportant £ 86

    Bono Espazo Fin de Semana


    Bono que da acceso ao aluger do espazo durante un fin de semana para sesións de traballo de equipos creativos.

    Esta aportación desconta en Facenda. Donando 100 € o teu gasto real chega a ser só 27 €!
    Compróbao aquí : https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Cofinançadors

Sobre aquest projecte

A mesa Xeiteira, unha mesa para a conversa, unha mesa para a Comunidade

Necessitats Material Mínim Òptim
Mesa
Coste total da construcción da mesa
£ 3,499
Necessitats Infraestructura Mínim Òptim
Comisiones
Comisiones da plataforma de crowdfunding e dos sistemas de pago.
£ 429
Total £ 3,499 £ 3,928
Imprescindible
Addicional

Informació general

https://vimeo.com/783594561
A Maceta é un espazo de traballo colaborativo e acción cultural. Un espazo dinamizador de innovación social e medioambiental dende o local, Muros, ao rexional e máis aló.
As nosas principais ferramentas son a creatividade e o traballo colectivo.
O elemento central do espazo é a mesa diálogo, a mesa Xeiteira. Unha mesa inspirada nas embarcacións tradicionais que antano vogaban na nosa ría. O xeito era a rede tradicional ca que se pescaba a sardiña, que é o aparello que dá nome á barca.
Co espazo, nace a asociación sen ánimo de lucro A Maceta, dende a que se queren impulsar diversas accións culturais en colaboración cos distintos axentes do territorio. A primeira desas accións é lanzar esta campaña de micromecenazgo dirixida a recadación de fondo para esa mesa tan significativa, a mesa de todos

Característiques bàsiques i objectius

O espazo forma parte dun edificio histórico da fachada marítima da vila de Muros. A Maceta sitúase na planta baixa, resgardada polos tradicionais soportais onde se gardaban barcos e apeiros de pesca. A rehabilitación do espazo é un paso firme na recuperación da memoria histórica do lugar.
O elemento central deste espazo é a mesa Xeiteira, a mesa da conversa, que é a protagonista desta campaña crowdfunding, inspirada na cultura e patrimonio locais.
Unha mesa que busca facilitar o diálogo entre persoas, o traballo colectivo utilizando a creatividade como principal ferramenta e a cultura como principal vehículo vertebrador das accións que nela se decidan levar a cabo.
É un todo, unha mesa diálogo, e ao mesmo tempo, divídese en catro, a mesa naufraxio. Permitindo así a organización en distintos grupos de traballo.
Está feita a man, con madeira 100% galega, mide máis de 4 metros de eslora e 1,6 metros de manga
Una mesa inclusiva y divertida
Una mesa de todos

img-20220818-120141.jpg xeiteira.jpg boat-2.jpg boat-3.jpg mesa-xeiteira-4.jpg

Motivació i a qui va dirigit el projecte

A actual crise ecosocial, medioambiental e de valores, lévanos a enfrentarnos a problemas de grande complexidade case desarmados. Necesitamos reconectar con nós mesmos e ca nosa Comunidade para concentrar esforzos que acaden un impacto maior dende a colectividade.
O rural presenta unha gran oportunidade tanto polos seus recursos naturais como culturais. Outra gran oportunidade é que somos parte dunha comunidade global, podemos aproveitar máis que nunca o intercambio de** información e talento que normalmente deixaba ao rural illado.
Por outra banda, levamos décadas perdendo os espazos físicos e culturais, de xeración e cultivo da Comunidade tan característicos do rural.
A Maceta nace como un espazo de conexión e inspiración que favoreza a creación de novas redes de colaboración. Un espazo que facilita a cooperación dos distintos axentes do ecosistema local co talento que poda acercarse doutras partes de Galicia e do mundo.
Un espazo aberto aos muradáns e ás persoas que transitan por estes lares a teletraballar, ás institucións e ás organizacións cidadás que precisan un lugar onde convocarse e presentarse. Imaxinamos
unha comunidade diversa sentada ao redor dunha mesa**, a mesa diálogo, a mesa Xeiteira.

comunidade-nenos.jpg

Experiència prèvia i equip

A Asociación A Maceta está formada por 3 grandes mulleres: Alba, Sara e Laura, que comparten inquedanzas, visión e propósito.
Alba, muradana, impulsora da iniciativa. Con máis de 10 anos de experiencia como arquitecta especializada en sostenibilidad, saúde e benestar con proxectos espallados en distintas comunidades do planeta. Extensa experiencia deseñadora que abrangue dende o deseño de obxetos cos principios de circularidade ao deseño de estratexias para rexeneración de comunidades.
Sara, muller curiosa e todoterreo. Poderíase resumir en que é unha enxeñeira especializada na mellora de procesos e medio ambiente que os roteiros da vida a foron levando a centrarse no que realmente importa: xerar impacto positivo no mundo empezando polo seu territorio. Vive na aldea onde sinte que está o seu fogar e colabora activamente no proxecto irmá da Maceta, Villa Regina, en Santa Comba.
Laura, acompañante da iniciativa dende o interese de fomentar o capital social, cultural e natural local traballando dende a innovación social e financieira campo no que se desenvolve profesionalmente dende hai máis de 10 anos.

chicas.png

Compromís social

Objectius de Desenvolupament Sostenible

  • Salut i benestar

    Garantir una vida sana i promoure el benestar per a tothom en totes les edats

  • Igualtat de gènere

    Aconseguir la igualtat entre els gèneres i donar poder a totes les dones i nenes

  • Ciutats i comunitats sostenibles

    Aconseguir que les ciutats i els assentaments humans siguin inclusius, segurs, resilients i sostenibles

  • Acció pel clima

    Adoptar mesures urgents per combatre el canvi climàtic i els seus efectes

  • Aliances per assolir els objectius

    Revitalitzar l'Aliança Mundial per al Desenvolupament Sostenible