O obxectivo deste proxecto é a autoedición de "Nihil", o primeiro traballo discográfico do quinteto de jazz liderado polo saxofonista vigués Diego Alonso, que será publicado en formato dixital e LP de vinilo.
Os eixos sobre os que se estrutura este proxecto son, por un lado, as composicións musicais do líder da formación e, por outro lado, o desenrolo das ilustracións que acompañarán á edición do álbum. Deste modo, o proxecto presenta un álbum con 6 composicións orixinais acompañado de 6 ilustracións de Pablo P. Moledo.
Este álbum supón o primeiro como líder da miña propia formación, despois de máis de dez anos como sideman en diversas formacións de diferentes estilos. Aglutina composicións que van desde o ano 2014 ao ano 2021 e representa algunhas das miñas inquedanzas musicais onde os conceptos de azar e necesidade na evolución bióloxica de Jacques Monod, o existencialismo de Sartre, a filosofía de Nietzsche e a idea da modernidade líquida de Baumann, así como as influencias de músicos como Joe Lovano, Chris Cheek, Seamus Blake, Kurt Rosenwinkel, Guillermo Klein ou Chassol conforman o transfondo estético dun traballo musical intimista e persoal no que a interacción entre os membros da banda e a improvisación acaban de dar forma ás composicións nun contexto de jazz contemporáneo transitando polas emocións de ansiedade, alegría, loita e redención.
Este é un álbum gravado en directo durante dous dias nos estudos CARA-OJM de Matosinhos, á maneira antiga, polo que é unha boa representación de cómo soa a banda nas súas actuacións ao vivo.
Característiques bàsiques i objectius
As doazóns obtidas axudarán a cubrir os seguintes gastos de produción e edición en dúas etapas:
-
Gravación, mestura e máster do álbum.
Esta etapa cubrirá os gastos de produción do rexistro discográfico.
-
Elaboración das recompensas.
Esta etapa cubrirá os gastos de edición, distribución e envío da descarga dixital, do vinilo e das láminas que formarán parte das recompensas, así como os gastos de envío das recompensas e as comisións asociadas á propia campaña.
Motivació i a qui va dirigit el projecte
No ano 2021 xorde a oportunidade de iniciar o meu propio proxecto con músicos do meu redor cos que teño unha forte vinculación tanto no musical como no persoal. É así como, ao amparo do ciclo de Jazz na Caixa promovido pola asociación O Eixo do Jazz, o quinteto dará un primeiro concerto na Casa das Artes de Famalicão, ao que lle sucederán actuacións nas salas Sinattra e A Casa de Arriba de Vigo, no Jazz Filloa da Coruña, no Clavicémbalo de Lugo, no festival Ames Jazz e na feira internacional MUMI.
Este é un proxecto totalmente autoxestionado, de creación musical nun campo alternativo aos circuítos comerciais habituais. Isto fai que os músicos nos vexamos limitados económicante á hora de poder xestionar os múltiples gastos de produción derivados da gravación dun disco. Por iso é importante o apoio do público e dos afecionados á música tanto nos concertos como na edición de álbuns coma este.
Se queres apoiar a creación de música alternativa feita en Galiza e axudar a que os músicos podamos seguir traballando de maneira digna, este pode ser un bo momento. Lembra que con Goteo a túa donación desgrava na declaración da renda, polo que coa túa aportación beneficiaraste dun desconto, recibirás a recompensa correspondente e axudarás moito ao proxecto ao mesmo tempo que colaboras co desenvolvemento da cultura na sociedade.
Experiència prèvia i equip
O quinteto está formado por músicos de grande proxección nas escenas galegas e portuguesas, contando con músicos consolidados e novos valores do jazz peninsular:
Diego Alonso: saxofón e composicións
Virxilio da Silva: guitarra eléctrica
Xan Campos: piano
Pablo Patiño: contrabaixo
Antón Quintela: batería
Gravado os dias 17 e 18 de novembro de 2023 nos estudos CARA-OJM (Matosinhos).
Captación e mestura: João Bastos (Porto)
Master: Cem Oral de Jammin' Masters (Berlín)
Deseño e ilustracións: Pablo P. Moledo
Vídeo: @guil.wav
Fotos: Miguel Estima e @guil.wav